O cartel do Rock en Costa 2009
Mayo 29th, 2009Seguro que xa vistes o cartel pegado por aí adiante, se vivides en DC; senón, quedades avisad@s de que o Rock en Costa volve este ano con máis rocanrol!!!
Seguro que xa vistes o cartel pegado por aí adiante, se vivides en DC; senón, quedades avisad@s de que o Rock en Costa volve este ano con máis rocanrol!!!
O Castiñeiriño, 14 de maio de 2009
Estimados/as socios/as:
Con motivo da celebración, o próximo sábado 13 de xuño, da oitava edición do Festival Rock en Costa, gustaríanos convidarvos a pasar por este evento, para o que xa estamos traballando coa máxima intensidade. No que vai de ano, a Asociación Xurásica ten organizado concertos no Centro Social do Castiñeiriño, como o dos Lorchas e os Dirty Socks da pasada semana; para mellorar a acústica do recinto, no que tamén se vai celebrar este ano o Festival, estamos estudando a posibilidade de acondicionar e sonorizar adecuadamente o local.
Por outra banda, a Xurásica participou no que vai de ano noutras actividades, coma o roteiro por Arcos que organizamos en colaboración con outras asociacións da Estrada e de Cuntis e a Agrupación de Montaña Augas Limpas. En breve celebraremos outros eventos xa clásicos coma o noso campionato de básquet.
Como vedes, a roda segue movéndose! Para que o siga facendo, precisamos da vosa colaboración. Por iso, pregámosvos que, @s que aínda non o fixestes, procedades a pagar a vosa cota de soci@ correspondente ao ano 2009. Nalgúns casos hai aboad@s que aínda teñen pendente o pago da cota do 2008: agradeceríamosvos moito que tamén a fixésedes efectiva.
Para facer máis doado o cobro, pedímosvos que nos facilitedes un número de conta no que poder domiciliar eses recibos, que, como sabedes, ascenden á minúscula cifra de 20 euros anuais. Outras formas de pago son o ingreso na conta da Asociación (2100-5819-21-0200013158) ou darlle os cartos directamente a algún integrante da xunta directiva, que segue formada polas seguintes persoas:
Presidente: Carlos Gómez Mariño
Vicepresidente: Álvaro Amigo Pombo
Tesoureiro: Alberte Leis Conde
Secretaria: Iria Calvelo Pumar
Vocal de comunicación: Martiño Suárez Fraga
Vocal de roteiros: Manuel Pena Rivas.
Vocal de formación e cursos: Marcial Sanmartín Meléndez.
Vocal de afiliación: Katia Mera Varela
Vocal de relacións institucionais: Xocas López González.
Vocal de produción: Joaquín García Carril.
Moitas gracias… e vémonos no Rock en Costa!
Un saúdo!
O PRESIDENTE
A Asociación Cultural Xurásica organiza de balde un novo concerto no que se xuntan un dos mellores grupos santiagueses do último decenio cun dos novos valores do rock na cidade
The Lorchas son desde sempre o segredo mellor gardado da escena rock de Santiago DC: amarrados a un post-core intenso, móvense entre a melodía e a furia desatada
Dirty Socks véñen de gañar o concurso Música Xove 2009 con cancións apegadas ao último indie anglosaxón coas que pretenden facer bailar e vibrar ao público
Compostela, 6 de maio do 2009.- As bandas compostelás The Lorchas e Dirty Socks protagonizarán este sábado 9 de maio un novo Concerto Xurásico, organizado pola Asociación Cultural Xurásica. O evento, que reunirá a unha das mellores bandas santiaguesas do último decenio e a un dos máis sólidos novos valores do rock na cidade, levarase a cabo no Centro Socio Cultural do Castiñeiriño, ás 21.00 horas. A entrada, coma sempre, é de balde.
Pouco pródigos en actuacións pero posuidores dun directo dificilmente esquecible, The Lorchas son desde sempre o segredo mellor gardado da escena rock de Santiago DC: amarrados a un post-core intenso, móvense entre a melodía e a furia desatada. Composta por ex integrantes de Fulsomes ou dos Dirty Barriguitas, esta banda edita con contagotas enormes e emocionantes cancións, que se pode descargar na súa páxina ou no seu myspace.
Pola súa parte, os Dirty Socks arrímanse ao último indie anglosaxón (Franz ferdinand, The Strokes, Arctic Monkeys) para compoñer cancións coas que bailar e vibrar. Formados no 2007, veñen de gañar o concurso Música Xove 2009 e de tocar con outros grupos como The Blows ou os suecos Industri Royal e están a punto de rematar a súa segunda maqueta. Os seus temas poden escoitarse no myspace.
THE LORCHAS + DIRTY SOCKS
Centro Social do Castiñeiriño, Compostela
Sábado, 9 de maio. 21.00h.
Entrada de balde
Máis información
http://www.myspace.com/thelorchas
http://www.myspace.com/dirtysockstm

O festival do Castiñeiriño (Compostela) chega á súa oitava edición con
tres bandas galegas e unha portuguesa no cartel
A cita fíxase para o 13 de xuño, por primeira vez no Centro Socio Cultural do Castiñeiriño
Santiago de Compostela, 27-4-2008. Tres bandas galegas e unha portuguesa conforman este ano o cartel do Rock en Costa, que a Asociación Xurásica vén de pechar. Green Machine (Barcelos), Minapolaris (A Coruña), Royalties (Santiago D.C.) e Novedades Carminha (Santiago D.C) actuarán o sábado 13 de xuño na oitava edición do festival, que por primeira vez vai celebrarse no interior do Centro Socio Cultural do Castiñeiriño, en Compostela.
O Rock en Costa segue apostando polos barrios como motores culturais das cidades e pola aproximación entre as músicas de Galicia e Portugal. Para mostralo, este ano actuarán na xa clásica cita do Castiñeiriño os composteláns NOVEDADES CARMINHA, unha banda nova e descarada que practica o punk ao estilo dos primeiros Siniestro Total; os tamén santiagueses ROYALTIES, unha apisonadora de punk-rock and roll formada por clásicos da escena da cidade que se atopan, coa edición do seu último cd, no seu mellor momento creativo; MINAPOLARIS, outro conxunto de rock abrasivo procedente da Coruña; e os portugueses GREEN MACHINE, ben coñecidos pola parroquia galega polos seus concertos incendiarios baseados na impresionante presenza escénica do seu vocalista e na suorosa base rítmica que o acompaña.
O concerto, que coma sempre é balde, empezará ás dez da noite.
ROCK EN COSTA 2009
GREEN MACHINE
NOVEDADES CARMINHA
MINAPOLARIS
ROYALTIES
Sábado 13 de xuño, 22.00 horas. Centro Socio Cultural do Castiñeiriño, Compostela
Entrada de balde
myspace.com/rockencostafestival
rockencostafestival.wordpress.com
máis información nos teléfonos 609728524 / 686976139
AS BANDAS
GREEN MACHINE (blues punk, Barcelos, Portugal)
Aclamados polo público, recoñecidos pola prensa e adorados por amigos e descoñecidos a ambos lados da Raia, Green Machine son anténtica dinamita no escenario. Falar deles é falar de deixar a alma nos locais, dun dos directos máis incendiarios da Península, dun espectáculo total que ninguén esquece unha vez visto. O cuarteto de Barcelos volve a Galicia con disco novo, Green Machine plays Ghost (Rastilho Records, 2008), un traballo “sobre a ausencia, sobre vivos e mortos”, explorando de novo un son suoroso, intenso e abrasivo.
NOVEDADES CARMINHA (punk 77, Santiago DC)
“Quería abrirlle unha boutique á miña muller; sempre lle gustou a lencería e o encaixe de Camariñas… Eu, sen embargo, que sempre fun un freudiano do extrarradio, gran amante do queixo de tetilla, falei con Carminha, a miña esposa e mentora, para destinar os cartos da tenda de novidades textís a viño e punk, mantendo o nome da boutique inalterado. Novedades Carminha somos tres, un pouco oligofrénicos pero boa xente. Gústannos os vinilos e os casetes por igual. Ademáis somos o grupo favorito de Marichalar…”
ROYALTIES (Rock and roll, Santiago DC)
Da humidade e o cheiro a madeira apolillada da Casa Xurásica xorde unha nova banda en Compostela: Royalties. Cunha ampla experiencia no mundo do rock (Redullos, As Fulanas, Contrastes, Capellán Tabernícola…) Dani, Miguel e Soni coinciden en que a xente necesita máis rock’n’roll para darlle emoción o seu delirante día a día. Explosións de son, riffs vertixinosos, sacudidas decibélicas e melodías que te deixarán afónico, conforman a suma das influencias das bandas do rock escandinavo, británico e xurásico dos últimos tempos. Despois do seu EP Quero Rock & Roll (2008), están a piques de editar Avance da nova temporada.
MINAPOLARIS (Rock and roll, A Coruña)
Lonxe da obsesión da orixinalidade, Minapolaris apostan pola tradición do rock, polas melodías intemporais e auténticas. No clasicismo roqueiro é onde se encadra o quinteto coruñés, formado por músicos de ampla experiencia que preparan música directa para ser vivida e sentida nos escenarios, nos que a banda nunca defrauda. Live the Minapolaris experience!
A Asociación Cultural Xurásica ultima os preparativos para a Noite Hardcore que se vai celebrar este sábado 22 de novembro no Centro Social do Castiñeiriño, cun extenso programa. A xornada empezará ás 20.00 horas, coa proxección de vídeos e películas relacionadas con este estilo de música, e cunha cea vegana a prezos populares.
Posteriormente actuarán o grupo compostelán Pollegros, no seu agardadísimo regreso aos escenarios despois de máis de dous anos de silencio; e os bureleses Zairus, unha sorprendente formación de hardcore psicodélico.
Xocas: 609728524



Quico Cadaval actuará este venres 7, ás 20.30 horas, no Centro Socio Cultural do Castiñeiriño (Compostela), dentro do Outono Cultural
O magosto celebrarase no patio do colexio Ramón Cabanillas, o sábado 8 a partir das 18.00 horas, con castañas e viño de balde
A Xurásica prepara xa a Noite Hardcore do día 22, con proxeccións, cea vegana e concerto de Zairus e Pollegros
Compostela, 5 de decembro do 2008.- A Asociación Cultural Xurásica colabora coa Asociación de Veciños O Castiñeiro na organización dunha fin de semana intensa: o venres 7, o Centro Socio Cultural do Castiñeiriño (Compostela) recibirá a Quico Cadaval na súa faceta de contacontos, e o sábado 8 celebrarase o tradicional magosto no patio do colexio santiagués Ramón Cabanillas.
A actuación de Quico Cadaval levarase a cabo o venres 8, ás 20.30 horas, no Centro Socio Cultural do Castiñeiriño. O autor e director teatral ribeirés fará algo no que é un auténtico maestro: contar contos irónicos, divertidos e con pouso. O acto inclúese dentro da programación do Outono Cultural do barrio.
Polo que respecta ao magosto, este ano vaise celebrar no patio do colexio Ramón Cabanillas, o sábado 8 a partir das 18.00 horas. Haberá castañas e viño de balde, e a festa estará amenizada por música.
Noite hardcore
Por outra parte, a Asociación Cultural Xurásica ultima os preparativos para a Noite Hardcore que se vai celebrar o próximo sábado 22 de novembro no Centro Social do Castiñeiriño, cun extenso programa. A xornada empezará ás 20.00 horas, coa proxección de vídeos e películas relacionadas con este estilo de música, e cunha cea vegana a prezos populares. Posteriormente actuarán o grupo compostelán Pollegros, no seu agardadísimo regreso aos escenarios despois de máis de dous anos de silencio; e os bureleses Zairus, unha sorprendente formación de hardcore psicodélico.
Máis info. Xocas: 609728524
O festival do Castiñeiriño (Compostela) chega á súa sétima edición con dúas bandas galegas, dúas portuguesas e unha vasca no cartel
Bunnyranch, Black Panda, Sizo, Paniks e Dr. Gringo actuarán o 31 de maio, no campo da festa do Castiñeiriño
Previamente, o día 24, Samesugas e The Homens actuarán nunha festa de presentación no Centro Sociocultural do barrio
A Asociación Xurásica, organizadora do evento, sorteará un kit de rock and roll no transcorrer do Festival
Santiago de Compostela, 13-5-2008. Dúas bandas galegas, dúas portuguesas e unha vasca conforman este ano o cartel do Rock en Costa, que se celebrará o día 31 de maio e para o que a Asociación Xurásica xa o ten todo preparado. Bunnyranch (Coimbra), Black Panda (A Coruña), Sizo (Porto), Paniks (Barakaldo) e Dr. Gringo (Santiago DC) actuarán o sábado 31 de maio no campo da festa do Castiñeiriño, en Compostela, Bunnyranch, Black Panda, Sizo, Paniks e Dr. Gringo, na sétima edición dun evento que segue apostando polos barrios como motores culturais das cidades e pola aproximación entre as músicas de Galicia e Portugal.
Este ano, os protagonistas do Rock en Costa son BUNNYRANCH, a máis intensa banda de rock and roll de Portugal, coa súa mestura salvaxe de rockabilly, garage, country, soul e calquera música abrasiva que lles pase polas mans; os coruñeses BLACK PANDA, amantes dos motores, o rock desbocado e as guitarras decibélicas; os SIZO, unha banda do Porto que navega entre o blues e a electrónica, entre o rock e a música de baile; os PANIKS, de Barakaldo, unha banda de rock esquelético na que o virtuosismo individual é o que menos importa; e os composteláns DR. GRINGO, un combo compostelán de psychobilly formado por ex compoñentes de grandes grupos do rock galego. O Rock en Costa empezará ás nove da noite.
No transcorrer do Festival, a organización sorteará un kit de rock and roll, consistente en guitarra eléctrica, funda, amplificador, cable, correa e púas, para o que xa se poden mercar por un euro rifas nos locais composteláns Bar Tolo e Pub Ambigú.
Festa de presentación
Na fin de semana previa, o sábado 24 de maio, dous grupos do barrio, SAMESUGAS e THE HOMENS, presentarán o festival no Centro Sociocultural do Castiñeiriño. As dúas bandas veñen de editar un EP compartido no que, ademais de incluír cancións novas, se versionean mutuamente, un disco que aproveitarán para estrear nesta cita. O concerto, tamén de balde, empezará ás nove da noite.
ROCK EN COSTA 2008_______
BLACK PANDA
BUNNYRANCH
LOS PANIKS
SIZO
DR.GRINGO
31 de maio, 21 horas. Campo da festa do Castiñeiriño, Compostela
Entrada de balde
Festa de presentación:
SAMESUGAS
THE HOMENS
24 de maio, 21 horas. Centro Sociocultural do Castiñeiriño, Compostela.
Entrada de balde.
myspace.com/rockencostafestival
rockencostafestival.wordpress.com
www.xurasica.com
Estimad@s soci@s: A Asociación Cultural Xurásica organiza para o próximo domingo 13 de abril unha actividade de PARAPENTE á que estades tod@s convidad@s.
Domingo 13 de abril. Saída ás 10 da maña na igrexa do Castiñeiriño - Santiago DC.
Prezo: Socios xurasicos 45 euros / Non socios 50 euros (prezo por un voo bipraza con monitor dende 300 m. e duración aproximada de 30 minutos).
Só precisades levar roupa de abrigo: non é necesario ningún tipo de experiencia.
Teléfono de contacto : 626.087.181
Estimados/as socios/as:
O pasado mes de xaneiro a Asociación Cultural Xurásica celebrou a súa asemblea xeral ordinaria anual, na que se trataron asuntos económicos e de actividades, e unha asemblea xeral extraordinaria na que se renovaron os cargos da xunta directiva. O que segue é un resume do falado nas xuntanzas.
Polo que toca á asemblea xeral ordinaria, a directiva informou de que a asociación comeza o ano 2008 con 2.450 euros na súa conta, a falta de cobrar algunhas subvencións. Polo que toca ao balance de actividades do ano pasado, recordouse que, ademais do Festival Rock en Costa, que contou coas actuacións de The Act-Ups, Riff-Raff, Samesugas, Última Sacudida e Royalties e cun concerto previo de presentación a cargo de The Homens, Projecto Mourente e Los Ruínes, os/as xurásicos/as comezamos este ano a organizar concertos no Centro Social do Castiñeiriño. A Asociación fixo varios roteiros de sendeirismo, por lugares como Gundián-Ximonde, San Xoán da Cova, O Pindo ou a ribeira do Ulla. Este ano, tod@s @s soci@s puidemos gozar durante os meses de verán do recinto de acampada de Barizo, en Malpica. Como é tradicional, @s xurásic@s promovemos o campionato de básquet En galego ti xogas; organizamos partidas de paintball; e participamos en ciclos de cinema, cursos de teatro e de batería e festas populares como o concurso de filloas, a festa de disfraces, a sardiñada e o magosto do Castiñeiriño, e o Outono Cultural do barrio; e puxemos en marcha a web www.xurasica.com como forma de contacto entre nós.
Ademais, durante o 2007, puidemos acollernos a vantaxes como descontos nos concertos organizados pola Asociación, na clínica de Fisioterapia Fisiogal, na Tenda A Reixa (10%) e no catálogo do selo discográfico Lixo Urbano. Para o 2008 están previstas actividades coma unha nova edición do Rock en Costa, que será o 31 de maio, e que, aínda que segue promovendo a comunicación entre Galicia e Portugal, abre o seu cartel a grupos doutros lugares; facer estable a programación de concertos no Centro Sociocultural; campionatos de baloncesto e fútbol; roteiros e acampada; e participación noutras actividades e festividades do barrio. No momento da asemblea, a Asociación conta con 82 asociados/as.
No tocante á asemblea extraordinaria, renováronse os cargos da xunta directiva, que quedou como segue:
Presidente: Carlos Gómez Mariño
Vicepresidente: Álvaro Amigo Pombo
Tesoureiro: Alberte Leis Conde
Secretaria: Iria Calvelo Pumar
Vocal de comunicación: Martiño Suárez Fraga
Vocal de roteiros: Manuel Pena Rivas.
Vocal de formación e cursos: Marcial Sanmartín Meléndez.
Vocal de afiliación: Katia Mera Varela
Vocal de relacións institucionais: Xocas López González.
Vocal de produción: Joaquín García Carril.
Pago das cotas
Por outra parte, queremos recordarvos que estamos en pleno proceso de cobro das cotas de afiliación. Coma o ano pasado, o importe anual é de 20 euros, que se poden aboar a calquera dos integrantes da xunta directiva ou na conta corrente La Caixa: 2100-5819-21-0200013158, indicando “Cota Xurásica 2008″ e o voso nome.
Con todo, recomendámosvos que, de cara ao futuro e para maior comodidade de todos/as, cubrades a folla de domiciliación adxunta.
Un saúdo!
O PRESIDENTE
Carlos Gómez Mariño